O día 10 de outubro do 1973, un fato de galegos emigrados na Xenebra, decidiron da fundación dunha sociedade galega cultural, social, deportiva e de folguedo denominada "IRMANDADE GALEGA NA SUIZA", (en adiante a IGS). A fundación da IGS tivo lugar ás 21 horas na Brasserie des Sports no n° 2 , avenue d'Aire en Xenebra.
Os fundadores consideran este feito coma parte integrante do actual proceso de loita desenrolado pola nación galega pola afirmación da lingua, do arte e da cultura do pobo galego, eisí coma dos séus valores nacionáis.
Os ouxectivos xeráis de traballo e desenrolo da IGS son :
1. Desenrolo de todos os medios posíbeles, no senso da afirmación da língua, do arte e da cultura do pobo galego e dos séus valores nacionáis.
2. Axuda e apoio moral e social ós galegos da Xenebra na resolución dos problemas questes atopen de pola súa situación de emigrantes.
3. Desenrolo de actividades culturáis, deportivas e de folguedo, prós galegos emigrados na Xenebra.
4. Promoción de toda clase de actos culturáis galegos no seo da emigración galega na Suíza.
5. Desenrolo da colabouración e de traballos comúns coas entidades galegas da Terra e da emigración galega.
Os fundadores da IGS agardan de todos os socios a axuda na aplicación dos devanditos ouxectivos, obrigandose a traballar cun esprito de sinceira colabouración, dacorde coa realidade e a importancia pra Galícia dos presentes estatutos.
Os fundadores agardan de toda a galeguidade da Terra e da emigración, a axuda eo establecemento de relacións de irmandade, no senso da afirmación da nosa Patria Galega, sobor da base dos séus carácteres diferenciáis e dos valores étnicos e nacionáis, tal como espuxo Daniel Castelao no séu libro "Sempre en Galiza".